Caluga
Aparencia
A caluga é a parte posterior do pescozo, onde empeza a cabeza.[1] Nela únese a cabeza coa columna vertebral mediante as vértebras cervicais, que son sete na maioría dos mamíferos. En anatomía topográfica, delimítaa por riba unha liña que pasa polo occipicio (protuberancia do óso occipital) e por baixo outra que pasa pola apófise espiñosa da sétima vértebra cervical.
En galego recibe tamén os nomes de: brouca,[2] cerviz,[3] cocote,[4] coliga,[5] couquizo,[6] e noca[7] (este último do latín científico nucha, e á súa vez do árabe clásico nuẖā‘, medula).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caluga.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brouca.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerviz.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cocote.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coliga.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para couquizo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para noca.