Saltar ao contido

Calorimetría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A calorimetría é a parte da física que estuda os cembios de enerxía entre corpos ou sistemas cando estes cambios se dan en forma de calor.

Calor significa transferencia de enerxía térmica dun sistema a outro, ou sexa, podemos dicir que un corpo recibe calor, pero no que posúe calor.

A calorimetría é unha rama da termoloxía.

A calorimetría permite, por exemplo, medir a calor desprendida ou absorbida nunha reacción química, ou nun cambio físico, usando un instrumento chamado calorímetro.

Pero tamén se pode empregar un modo indirecto calculando a calor que os organismos vivos producen medindo a produción de dióxido de carbono e de nitróxeno (urea, en organismos terrestres), e do consumo de oxíxeno.

ΔU = cambio de enerxía interna

Como a presión non se mantén constante, a calor medida non representa o cambio de entalpía.

Calorimetría a presión constante

[editar | editar a fonte]

A calor medida é igual ao cambio na enerxía interna do sistema menos o traballo realizado:

Como a presión se mantén constante, a calor medida representa o cambio de entalpía.