Californication (álbum)
Californication | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Red Hot Chili Peppers | ||||
Publicado | 8 de xuño de 1999 | |||
Gravación | decembro de 1998 - marzo de 1999 | |||
Duración | 56:24 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, funk rock | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Rick Rubin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://redhotchilipeppers.com/music/#album-cali | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Californication é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock Red Hot Chili Peppers. Foi editado o 8 de xuño de 1999 a través do selo Warner Bros. Records.[1] O disco foi producido por Rick Rubin e xunto con Blood Sugar Sex Magik, Californication é un dos traballos do grupo con máis vendas.
Californication marcou o regreso do guitarrista John Frusciante, que xa aparecera anteriormente en Mother's Milk e Blood Sugar Sex Magik, e cambiou o estilo da banda. As letras incorporaba as insinuacións sexuais xa asociadas á banda, pero engadían temas como a morte, o suicidio, California, as drogas, a globalización e as viaxes.
Californication é o álbum de estudio de maior éxito comercial dos Red Hot Chili Peppers a nivel internacional, con máis de 15 millóns de copias vendidas en todo o mundo, vendendo máis de sete millón tan só nos Estados Unidos.[2] En 2002 o álbum vendera máis de catro millóns de copias en Europa.[3] O disco xerou varios éxitos para a banda, incluíndo "Otherside", "Californication" e o premio Grammy "Scar Tissue". Californication alcanzou o número tres do Billboard 200 dos Estados Unidos.[4]
O disco supuxo un cambio significativo de estilo para a banda. Greg Tate de Rolling Stone sinalou que "aínda que todos os proxectos anteriores dos Chili Peppers eran moi animados, Californication atrévese a ser espiritual e epifánico".[5] Outro crítico, Paul Verna de Billboard, mencionou que o álbum sacou "o lado máis suave e melódico do grupo", a diferenza dos seus seis álbums anteriores.[6]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Red Hot Chili Peppers (Flea, John Frusciante, Anthony Kiedis, Chad Smith).
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Around the World" | 3:58 | |||||||
2. | "Parallel Universe" | 4:30 | |||||||
3. | "Scar Tissue" | 3:37 | |||||||
4. | "Otherside" | 4:15 | |||||||
5. | "Get on Top" | 3:18 | |||||||
6. | "Californication" | 5:21 | |||||||
7. | "Easily" | 3:51 | |||||||
8. | "Porcelain" | 2:43 | |||||||
9. | "Emit Remmus" | 4:00 | |||||||
10. | "I Like Dirt" | 2:37 | |||||||
11. | "This Velvet Glove" | 3:45 | |||||||
12. | "Savior" | 4:52 | |||||||
13. | "Purple Stain" | 4:13 | |||||||
14. | "Right on Time" | 1:52 | |||||||
15. | "Road Trippin'" | 3:25 | |||||||
56:24 |
Canción extra no CD xaponés | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
16. | "Gong Li" | 3:44 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kelley, Ken (2014-06-08). "How the Chili Peppers Turned It Around With 'Californication'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2024-08-17.
- ↑ "Chili Peppers get first US number one album". Music Week. Consultado o 2024-08-17.
- ↑ "IFPI Platinum Europe Awards - 2002". web.archive.org. 2007-03-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2007. Consultado o 2024-08-17.
- ↑ "Red Hot Chili Peppers - Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-17.
- ↑ Tate, Greg (1999-06-24). "Californication". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-08-17.
- ↑ Verna, Paul (19 de xuño de 1999). "Reviews & Previews". Billboard. p. 17