Caldo bordelés
Aparencia

O caldo bordelés é unha combinación de sulfato cúprico e cal hidratado, inventado polos viñateiros da rexión de Bordeos, Francia, e coñecida localmente como Bouillie Bordelaise. Fabrícase por neutralización dunha solución de sulfato cúprico co cal. Contén 20 % de cobre (expresado en cobre metal). Foi inventada polo químico bordelés Ulysse Gayon e o botánico Alexis Millardet en 1880.
Úsase principalmente para controlar fungos en xardíns, viñedos, invernadoiros, en xeral infestacións fúnxicas, en especial fungos da vide. Este funxicida tense usado dende hai máis dun século e segue a empregarse, aínda que o cobre se pode lixiviar e poluír correntes de auga.
Notas
[editar | editar a fonte]- O ABC da xardinaxe de Australia
- Bordeaux Mixture en Agriculture & Natural Resources, Universidade de California Arquivado 09 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- O caldo bordelés (Bordeaux Mixture) prevén os fungos en froiteiras, Gardens Alive!
- Artigo de discusión de uso, Missouri Environment & Garden