A clase Calcispongiae ou Calcarea é un grupo de animais do filo Porifera. Son esponxas cuxas espículas do esqueleto mineral son todas elas de carbonato cálcico (CaCO3) cristalizado en forma de calcita. As espículas non acostuman diferenciarse entre Megascleras e Microcleras; normalmente son uni, tri ou tetrarradiadas. É importante destacar que ningunha presenta fibras de esponxina. A organización pode ser de tipo Ascon, Sicon ou Leucon. Tódalas especies da clase son mariñas de hábitat pouco profundo e se reproducen por xemación e por vía sexual, dando lugar a unha característica fase larval.