Caja de Ávila - C.S.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Caja de Ávila - C.S.C. foi un equipo de voleibol da cidade de Ávila, Castela e León (España). Competiu ata a tempada 2004-05.

O Caja de Ávila foi fundado en 1976, cando un grupo de rapazas decidiron comezar a práctica do voleibol. En 1987 integrouse na Casa Social Católica, que o acollería ata o 2004, cando asinou a cesión total dos seus dereitos ao Club Deportivo Ávila Vóley, que se converteu no seu herdeiro. En 1991 gañou a Copa Castela e León e ascendeu a Primera División para en 1992, ascender á División de Honra. En 1995 proclamouse campión da Copa da Raíña, conseguindo así por primeira vez praza para unha competición europea, a Copa CEV. Entre os seus logros estatais destacan os seus tres subcampionatos da Superliga (1996, 2004 e 2005) e en Europa conseguiu un cuarto lugar na Copa CEV no 2003 e o terceiro lugar no 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Club Deportivo Ávila Vóley