Caixa Tarragona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Caixa Tarragona (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Tarragona) foi unha caixa de aforros catalá, con sede na cidade de Tarragona. Fundada en 1949, a súa desaparición produciuse en 2010, cando se fusionou con outras dúas caixas de aforros catalás, Caixa Catalunya e Caixa Manresa, dando lugar a unha nova caixa de aforros denominada Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, operada baixo a marca comercial CatalunyaCaixa.

O 13 de outubro de 2009 o consello de administración da entidade aprobou a fusión, permitindo constituír a segunda caixa máis grande de Cataluña en volume de activos, só superada por La Caixa, e a cuarta máis grande de España.[1]

CatalunyaCaixa recolleu o negocio bancario, rede de oficinas, activos e carteira de clientes, así como a obra social da extinta Caixa Tarragona, ata que en 2011 a nova caixa cedeu todo o seu negocio bancario a un banco da súa propiedade, Catalunya Banc. En 2011, debido aos problemas de liquidez e financiamento de CatalunyaCaixa, a caixa perdeu o control do banco que xestionaba cando o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria nacionalizou Catalunya Banc.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]