Cabelo longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Emperatriz Isabel de Wittelsbach (1837-1898) co cabelo longo, retrato de Franz Xaver Winterhalter (1805–1873).

O cabelo longo é un peiteado no que se deixa medrar o pelo ata unha lonxitude considerable. A percepción do cabelo longo pode cambiar dunha cultura a outra, ou mesmo entre culturas. Por exemplo, unha muller co cabelo longo até o queixo pode considerarse como curto, mentres que un home coa mesma lonxitude considérase como cabelo longo.

Que os homes leven o cabelo curto é visto por moitas culturas como baixo o control da sociedade, mentres que os que o levan longo considérase como fóra do común.[1] O cabelo longo feminino é visto como un elemento atractivo entre homes e mulleres de moitas culturas.[2][3] A tricofilia (o fetichismo do cabelo) é común entre o 7% da poboación, e o cabelo moi longo é suxeito da admiración deste grupo de persoas.[4][5]

Importancia biolóxica[editar | editar a fonte]

Os humanos (xunto cos cabalos e orangutáns) forman parte das poucas especies que poden deixar medrar o cabelo da testa moi longo. Crese que os humanos perderon a súa peluxe hai 2,5-3 millóns de anos, cando pasaron dun hábitat forestal á sabana aberta, como produto da selección natural. Esta evolución fixo posible correr máis rápido e cazar animais ata a zona do ecuador sen sufrir de exceso de calor. A excepción a esta perdida foi o cabelo da testa, que se mantivo como aislante térmico e para protexer o coiro cabeludo da radiación ultravioleta.

A habilidade de medrar do cabelo foi observada en subgrupos de Homo sapiens en rexións menos solleiras, e os científicos determinaron que é resultado da selección sexual, xa que o cabelo san é sinal de fertilidade e xuventude.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Synnott, Anthony (setembro de 1987). "Shame and Glory: A Sociology of Hair". The British Journal of Sociology 38 (3): 381–413. ISSN 0007-1315. doi:10.2307/590695. 
  2. Buss, David M. (2005). The handbook of evolutionary psychology. John Wiley and Sons. p. 309. ISBN 978-0-471-26403-3. 
  3. Bereczkei, T. Hair length, facial attractiveness, personality attribution; A multiple fitness model of hairdressing
  4. Scorolli, C; Ghirlanda, S; Enquist, M; Zattoni, S; Jannini, E A (2007). "Relative prevalence of different fetishes". International Journal of Impotence Research 19 (4): 432–7. PMID 17304204. doi:10.1038/sj.ijir.3901547. 
  5. "Heels top the global fetish leader board". Inglaterra. 
  6. Watson, James (2005). Darwin: the Indelible Stamp; the Evolution of an Idea. Philadelphia: Running Press. p. 1042. ISBN 0-7624-2136-3.