CAST-968

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CAST-968 ou CAST968 (acrónimo de China Academy of Space Technology 968) é un bus construído por CAST para o uso con diferentes tipos de satélites.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

CAST-968 é un bus pensado para satélites duns 500 ou máis kg para misións de comunicacións, tecnoloxía ou observación terrestre. Pode proporcionar unha potencia de ata 1000 W cunha esperanza de vida de ata cinco anos. O bus ten forma de caixa de 1,4 x 1,1 x 0,953 m, cuns paneis solares cunha envergadura de ata 7,5 m. Usa estabilización nos tres eixos.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "CAST968" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "HJ 1A, 1B (SMMS 1)" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 esa, ed. (2022). "HY-1B" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]