CAST-1000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CAST-1000 ou CAST1000 (acrónimo de China Academy of Space Technology 1000) é un bus construído por CAST para o uso con diferentes tipos de satélites.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

CAST-1000 é un bus pensado para satélites de entre 300 e 600 kg en órbita baixa terrestre. Está pensado para satélites científicos ou de observación terrestre, coa posibilidade de funcionar en formación entre varios satélites ou formando unha constelación. Pode proporcionar unha potencia de ata 600 W cunha esperanza de vida de cinco anos.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "CAST1000" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "SY 5" (en inglés). Consultado o 29 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 China Great Wall Industry Corporation, ed. (2022). "CAST Satellite Platform" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2023. Consultado o 29 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]