CASA 2.111

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CASA 2.111
Casa 2.111B "Pedro" Spanish Air Force B.21-77 (10563455215).jpg
Tipobombardeiro medio
FabricanteCASA
Introducido1940
Retirado1973
Principais usuariosForza Aérea Española
Produción1940 - 1956
Unidades construídas236

O CASA 2.111 foi un bombardeiro medio derivado do Heinkel He 111 e fabricado en España baixo licenza por Construcciones Aeronáuticas SA (CASA). O 2.111 diferenciábase significativamente nos detalles do He 111H dos tempos da Segunda Guerra Mundial, pero usaba a súa mesma fuselaxe, ademais tiña armamento máis pesado e finalmente foi equipado co motor Rolls-Royce Merlin.

Deseño[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra Civil Española, en 1937 a Forza Aérea Española recibiu varios He 111Bs de Alemaña, que xa comezara a equiparse cos mellorados He 111D, e recibiron a versión He 111Es despois do final da guerra. Existía a necesidade de avións máis modernos, porén, en 1940 CASA negociou un contrato con Heinkel para producir 200 exemplares do novo He 111 H-16 en Sevilla. Establecer a produción foi un proceso lento, recibindo relativamente pouco apoio de Alemaña a medida que a Segunda Guerra Mundial avanzaba. España conseguiu localizar un almacén de motores Jumo 211F-2 en Francia, e isto permitíulle completar 130 unidades equipadas con eses motores (aínda que só 117 foron entregados debido á necesidade de desmontar os motores para usar pezas soltas). Houbo tres versións : o 2.111A, un bombardeiro medio; o 2.111C, un bombardeiro de recoñecemento; e o 2.111F, un adestrador cos controis duplicados.

Historia operacional[editar | editar a fonte]

O primeiro avión construído en España voou o 25 de maio de 1945. Despois do final da Segunda Guerra Mundial, accesder aos motores Junkers de construción alemá foi un problema, e CASA atopou unha alternativa no Rolls-Royce Merlin 500. En 1953, foran pedidos 173 motores Merlin. Os novos bombardeiros e avións de recoñecemento equipados con eses motores convertéronse nos 2.111B e 2.111D, respectivamente; a algúns só se lle cambiaron os motores, mentres que outros foron fabricados novos. Un transporte de nove pasaxeiros, o 2.111T8, tamén foi desenvolvido e producido. O 2.111s españois serviron ata finais dos anos 60 e, no caso dos transportes, ata principios dos 70. Moitos dos avións retirados nos 60 atoparon unha segunda vida en pelñiculas como Battle of Britain e Patton, debido á súa semellanza co Heinkel He 111. O CASA 2.111 foi usado en combate como avións de apoio próximo contra Marrocos na guerra do Ifni en 1957-1958.

Superviventes[editar | editar a fonte]

CASA 2.111B

Aproximadamente 14 CASA 2.111s sobreviven na actualidade en varias condicións, ben sexa en exposición ou almacenados. Un 2.111D serviu como tranporte VIP en España (usado, entre outros, por Franco), antes de ser mercado en Inglaterra pola Commemorative Air Force en 1977. Foi o único He 111 en condicións de voo ata o 10 de xullo de 2003, cando resultou destruído tras accidentarse nunha aterraxe.