Saltar ao contido

C/2020 F3 (NEOWISE)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C/2020 F3
 Instancia de
 Época
 Astro pai
Características orbitais
Apoapse544 AU, 720 AU e 716,64219634399 AU Editar o valor en Wikidata
Periastro0,29465124527076 AU Editar o valor en Wikidata
Argumento de periastro37,278656295394 ° Editar o valor en Wikidata
Excentricidade orbital0,99917802733599 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital128,93750272664 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital4.500 a, 6.800 a e 2.478.990,0648138 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior272 AU, 50.000 AU e 358,46842379463 AU Editar o valor en Wikidata
Lonxitude do nó ascendente61,010425378239 ° Editar o valor en Wikidata
Anomalía media0,00033707165516942 ° Editar o valor en Wikidata
Tempo de periapse2.459.034,1788964 Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Magnitude absoluta12,1 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
27 de marzo de 2020 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización descubrimento
Wikidata C:Commons
Vista dende o Parc Montsouris (Paris), o 18 de xuño de 2020.
Vista dende o Parc Montsouris (París), o 18 de xuño de 2020.

C/2020 F3 (NEOWISE) ou Comet NEOWISE é un cometa de período longo cunha órbita parabólica próxima, descuberta o 27 de marzo de 2020, por astrónomos durante a misión NEOWISE polo telescopio espacial do explorador de vixilancia en infravermello de campo largo (WISE polas súas siglas en inglés). Na súa descuberta era un obxecto de magnitude 18, a 2 UA (300 millóns de km do Sol e 1,7 UA (250 millóns de km) da Terra.[1]

En xullo de 2020, pode ser vistro a ollo nu no campo, necesitándose prismáticos nas zonas urbanas. É un dos cometas máis brillantes no hemisferio norte desde o Cometa Hale–Bopp en 1997. Pasou polo seu perihelio o 3 de xullo.[2] O 23 de xullo o cometa ten a súa máxima aproximación á Terra. O 23 de xullo 18, tiña magnitude 3.

Para os observadores do hemisferio norte, o cometa aparece moi baixo sobre o horizonte nordeste, baixo Capella, pola mañá. Á noite, o cometa pode verse baixo o ceo noroeste. O cometa pode verse pola mañá e á noite porque está ao norte circumpolar do paralelo norte 45 °. O 17 de xullo, o cometa NEOWISE entrou na constelación de Ursa Majoris, por debaixo do asterismo do Setestrelo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
  1. "MPEC 2020-G05 : COMET C/2020 F3 (NEOWISE)". minorplanetcenter.net. Consultado o 2020-07-23.
  2. "El cometa NEOWISE desde Canarias". Instituto de Astrofísica de Canarias • IAC (en castelán). Consultado o 2020-07-23.