Setestrelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Figura da constelación á que fai referencia ó asterismo coñecido en Galicia coma o setestrelo.

Setestrelo é o nome tradicionalmente dado en Galicia ó asterismo da Osa Maior[Cómpre referencia] debido a que ten sete estrelas ben visibles. As estrelas que conforman este asterismo son Dubhe, Merak, Phecda, Megrez, Alioth, Mizar e Benetnasch. Noutras culturas este asterismo tamén é coñecido polo nome de Gran Carro ou o Cazo.

β Ursae Majoris (Merak), xunto con α Ursae Majoris Dubhe (as dúas estrelas máis a dereita na imaxe), sinalan a dirección da estrela polar do norte (Polaris, ou α Ursae Minoris), e polo tanto sinalan tamén o polo norte.

Na literatura oral galega[editar | editar a fonte]

  • Cando o carro do ceo volve o rabo ou quer amañecer ou é día craro.
  • Ímonos de aquí agora,/ ímonos de aquí que é día;/ vai o carro das estrelas/ pró lado da travesía.
  • Vámonos de aquí que é ihora/ que eí vén o Carro de estrelas/ por riba das Casas Novas/ ai la...
  • Vámonos de aquí que é ihora/ vén o Carro das estrelas/ ó largho da Feira Nova.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.