Cúpula de Soltaniyeh
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Tipo | mausoleo ben cultural | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Zanjan, Irán (pt) | |||
| Localización | Soltaniyeh County (en) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 49 ( | |||
| Material ou ingrediente | ladrillo Morteiro (construción) | |||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 2005 (29ª Sesión) | |||
| Identificador | 1188-001 | |||
| Patrimonio Nacional de Irán | ||||
| Data | 6 de xaneiro de 1932 | |||
| Identificador | 166 | |||
A atracción central do conxunto de ruínas de Soltaniyeh é o Mausoleo de Il-khan Öljeitü, tamén coñecido como Muhammad Khodabandeh, tradicionalmente coñecida como a Cúpula de Soltaniyeh na cidade de Soltaniyeh, Provincia de Zanyán en Irán.
A estrutura, erixida do 1302 ao 1312, ten a máis antiga dobre cúpula no Irán.[1] Esta opinión sobre a construción foi feita por Dieulafoy pero é disputada por André Godard[2]. En opinión de Godard é unha cúpula normal, aínda que espectacularmente grande, cun revestimento delgado na parte superior para a faienza e de ningunha maneira se trata dunha cúpula dobre. A súa importancia no mundo musulmán pode compararse coa da cúpula de Brunelleschi para a arquitectura cristiá. É unha das maiores cúpulas de ladrillo do mundo, xusto no límite da enxeñaría teórica para unha cúpula dese material e a terceira cúpula máis grande do mundo despois das cúpulas da Catedral de Florencia e Santa Sofía.
A cúpula de Soltaniyeh fixo camiño para a construcións de cúpulas de estilo iraniano máis audaces no mundo musulmán, coma o Mausoleo de Khoja Ahmed Yasavi e o Taj Mahal. Gran parte da súa decoración exterior perdeuse, pero o interior conserva magníficos mosaicos, faienza e murais.
A cúpula, estimada en 200 toneladas de peso, atópase a 49 metros de altura desde a súa base e hoxe está en proceso de renovación.
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2023. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Unha enquisa de Arte persa Vol III páxina 1115 [Cómpre clarificar]
