Saltar ao contido

Buffalo buffalo Buffalo buffalo buffalo buffalo Buffalo buffalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

PN = substantivo propio
N = substantivo V = verbo NP = frase substantiva RC = oración relativa VP = frase verbal S = sentenza

"Buffalo buffalo Buffalo buffalo buffalo buffalo Buffalo buffalo" é unha frase, en inglés, gramaticalmente correcta e que se pon como exemplo de como palabras homónimas e homófonas poden ser utilizadas para crear construcións complicadas. Tradúcese: "Búfalos de Buffalo que son intimidados por búfalos de Buffalo intimidan búfalos de Buffalo".

Foi discutida en literatura dende 1972, cando foi usada por William J. Rapaport, profesor asociado da Universidade de Buffalo.[1]

A correcta comprensión da frase é posible coñecendo os tres significados da palabra Buffalo:

  • A cidade de Buffalo, no estado de Nova York, EUA.
  • O animal bisonte.
  • Un sinonimo para o verbo "bully", isto é, atormentar persistentemente a outra persoa.

Así, a frase traducida convértese en: "Bisontes de Buffalo que (outros) bisontes de Buffalo atormentan (á súa vez tamén) a bisontes de Buffalo".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]