Bryan D. O'Connor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bryan D. O'Connor
Datos persoais
Nacemento6 de setembro de 1946
LugarOrange
Actividade
MisiónsSTS-61-B e STS-40
Tempo no espazo15,97 días
PremiosDistinguished Flying Cross, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Bryan Daniel O'Connor, nado en Orange, California, o 6 de setembro de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-61-B e STS-40.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O'Connor graduouse en enxeñaría pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1968 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Occidental en 1970. Graduouse na Escola de Seguridade Naval, pertencente á Escola Naval de Posgraduados, en Monterey (California) en 1972, e na Escola Naval de Pilotos de Probas no Centro Naval de Probas Aéreas (Patuxent River, Maryland) en 1976.[1][2]

Participou nas misións STS-61-B e STS-40, pasando un total de 15,97 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "O Connor, Bryan Daniel 'OC'" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2011). "BRYAN D. O’CONNOR (COLONEL, USMC, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]