Bryan Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bryan Brown
BryanBrown09TIFF.jpg
Nome completoBryan Neathway Brown
Nacemento23 de xuño de 1947
LugarSydney
NacionalidadeAustralia
Cónxuxe(s)Rachel Ward
Profesiónactor de teatro, actor de cinema e actor de televisión
editar datos en Wikidata ]

Bryan Neathway Brown,[1] nado en Sydney o 23 de xuño de 1947, é un actor australiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a actuar en teatro de afeccionados, onde descubriu a súa paixón pola actuación.[2]

Brown foise a Inglaterra en 1964 para estudar actuación. A finais dos anos sesenta empezou a traballar no teatro, obtendo finalmente papeis de menor importancia no Old Vic. Nos anos setenta regresou a Australia, onde se converteu en membro do teatro Genesian (en Sydney). Apareceu na produción de Colleen Clifford de "A Man for All Seasons", antes de incorporarse á compañía de teatro de Queensland.

Fixo o seu debut no cine en 1977 cun pequeno papel en The love letters from Teralba Road, e apareceu en varias películas australianas durante os seguintes dous anos.

En 1980 Brown fíxose coñecido para o público internacional pola súa actuación en Breaker Morant. Aínda que seguiu aparecendo en producións australianas, tamén apareceu en miniseries de televisión norteamericanas, gañando popularidade nos Estados Unidos coa Town Like Alice (1981) e na miniserie premiada e gañadora do Emmy The Thorn Birds (1983) xunto a Richard Chamberlain e Christopher Plummer, onde foi nomeado por primeira vez ó Emmy na categoría Mellor actor de repartición. En 1984 actuou na errada cinta musical Give My Regards to Broad Street xunto a Paul McCartney, Ringo Starr e Barbara Bach.

En 1991 volveu co seu papel de Rollie Tyler en F/X 2, e nos anos noventa, Brown apareceu en producións de televisión, filmes de Hollywood e australianos, como Two Hands (1999), así como en anuncios de televisión británicos. No século XXI apareceu en papeis secundarios, como o home de negocios cómico amante dos deportes riesgosos en Along Came Polly xunto a Ben Stiller e Jennifer Aniston e no 2008 na superproducción Australia xunto aos seus compatriotas Nicole Kidman e Hugh Jackman.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Sydney Morning Herald, ed. (13 de xuño de 2005). "Rachel Ward: Not just a glamour girl". 
  2. Bryan Brown (7 de febreiro de 2005): «Discurso de apertura: Bryan Brown». Art Gallery of New South Wales. Consultado o 30 de decembro de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]