Brutus (grupo musical belga)
| Brutus | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Brutus é unha banda de post-hardcore belga do Brabante Flamengo. O grupo fundouse no ano 2013 e está formado por Stefanie Mannaerts (batería e voz), Peter Mulders (baixo) e Stijn Vanhoegaerden (guitarra).
Os seus membros coñecíanse de tocar noutras bandas. Stefanie e Peter tocaban en Refused Party Program, unha banda tributo a Refused, mentres que Stijn e Stefanie estaban na banda Starfucker.[1]
En 2014 e 2015, Brutus tocou en varios festivais, como o Pukkelpop, o Rock Herk e o Dour Festival. En 2016 a banda viaxou a Vancouver para gravar o seu álbum de estrea coa axuda de Jesse Gander. Burst foi editado por Hassle Records (Europa) e Sargent House (no resto do mundo). O seu segundo álbum, Nest, apareceu no ano 2019.[2] O 20 de outubro de 2020 Brutus lanzou o álbum ao vivo Live in Ghent,[3] gravado o 29 de maio de 2019.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Burst | 2017 | Hassle Records |
| Nest | 2019 | Hassle Records |
| Live In Ghent | 2020 | Hassle Records |
| Unison Life | 2022 | Hassle Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Meet Lars Ulrich-Endorsed Post-Hardcore Band Brutus". Revolver (en inglés). 2017-06-12. Consultado o 2022-07-02.
- ↑ "Sargent House - Brutus". sargenthouse.com. Consultado o 2022-07-02.
- ↑ "Live in Ghent, by BRUTUS". BRUTUS (en inglés). Consultado o 2022-07-02.