Bring 'Em In é o álbum de estrea da banda sueca de garage rockMando Diao, editado no ano 2002 en Suecia. No 2003 foi lanzado internacionalmente e tivo unha boa recepción entre a crítica.
A edición xaponesa contén tres cancións extra, mesturadas entre os temas da versión orixinal. No ano 2005 lanzouse unha edición limitada cun segundo disco de caras-B e demos.