"Clean Town" é unha canción da banda sueca de garage rock revivalMando Diao, editado como primeiro sinxelo do seu álbum de estrea Hurricane Bar. "Clean Town" publicouse no Xapón como un EP, que comunmente é coñecido como Japan Tour EP, e que ten dous vídeos ao vivo dunha actuación nese país no Harajuku Astro Hall. As caras-b, "Hail The Sunny Days" e "Your Lover's Nerve", apareceron posteriormente na versión suea do sinxelo "You Can't Steal My Love". A versión ao vivo de "Little Boy Jr", gravada en Boston, que aparece no EP foi incluída tamén na versión británica de "God Knows", a versión estadounidense do Paralyzed EP, e na edición limitada alemá de "Bring 'Em In".