Bricio Serantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bricio Serantes
Falecemento1924
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Bricio Serantes Echegaray, finado en Ourense en abril de 1924[1], foi un sindicalista e agrarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo e militante socialista en Ourense, actuou como secretario no Congreso socialista de Xixón (1902). Foi secretario da Agrupación Socialista de Ourense (1904). Foi presidente da Sociedad de Agricultores de Canedo (1908) e impulsor do asociacionismo campesiño en Ourense. Participou no mitin agrario de Lugo en maio de 1908 e asistiu á I Asemblea Agraria de Galicia. En 1924 era administrador da Panificadora Obrera de Ourense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia. Diario de Vigo, 25-4-1924, p. 1.