BremSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BremSat
Lanzamento do BremSat desde a bodega de carga do Discovery. O satélite é o azul cara ao centro e a esquerda da imaxe.
TipoExperimental/tecnolóxico.
OrganizaciónZARM
Data de lanzamento12 de febreiro de 1995[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador espacial Discovery[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónEstudos en microgravedade e sobre a reentrada atmosferica.[2][4]
Regreso12 de febreiro de 1995[1]
NSSDC ID1994-006H
Masa63 kg[2][4][5]
DimensiónsDodecaedro de 48 cm de diámetro e 52 cm de altura.[2]

BremSat foi un satélite artificial alemán lanzado desde a bodega de carga do transbordador espacial Discovery durante a misión STS-60.

Características[editar | editar a fonte]

BremSat foi construído polo Centro de Tecnoloxía Espacial Aplicada e Microgravidade (ZARM polas súas siglas en alemán), pertencente á Universidade de Bremen co patrocinio da Axencia Espacial Alemaña. Tiña forma de dodecaedro de 48 centímetros de diámetro e 52 centímetros de altura.[2]

O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 363 x 344 quilómetros e cunha inclinación orbital de 56,9 graos e reentrou na atmosfera o 12 de febreiro de 1995.[2]

Obxectivos da misión[editar | editar a fonte]

A misión de BremSat dividiuse en tres fases:[2]

  • Microgravedade, a bordo do transbordador, antes de ser lanzado.
  • Orbital, trala inxección en órbita.
  • Reentrada atmosferica.

Os obxectivos eran facer medicións de condutividade de calor, forzas de aceleración residuais, estimar a calidade da microgravedade a bordo, investigar a distribución de densidade e a dinámica dos micrometeoritos e das partículas de po en órbita baixa da Terra, cartografar a distribución de oxíxeno atómico, medir o intercambio de momento e enerxía entre o fluxo molecular e o satélite en rotación e medir a presión e temperatura durante a reentrada atmosferica.[2]

O satélite levaba a bordo un volante de inercia e bobinas magnéticas, un magnetómetro e sensores solares e estelares.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BREMSAT" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "Bremsat" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  3. "Note verbale dated 17 September 2009 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (09-87007 (E)). 7 de outubro de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "BremSat" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  5. Mark Wade (2011). "BremSat" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]