Agudelo (uva)
Agudelo é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza.
Historia[editar | editar a fonte]
Durante séculos produciuse viño con agudelo ata a desaparición das viñas por diversas pragas dende o século XIX ata finais do século XX. Os viños producidos con esta variedade de uva non tiñan saída comercial nin eran coñecidos xa que non aparecía nas etiquetas o tipo de uva. A variedade non existía no "Rexistro de variedades comerciais da oficina española de variedades vexetais" do Ministerio de Medio Rural. O 24 de marzo de 2011 foi publicada no BOE a orde que recolle a inscrición xunto co branco lexítimo e a tinta castañal. Este recoñecemento foi traballo da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC co apoio da Fundación Juana de Vega e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia[1].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Variedades de vid de interés comercial para la zona vitícola de Betanzos. Fundación Juana de Vega. (192 páxinas) (en castelán) Referíndose a branco lexítimo e agudelo.