Brahma
Aparencia
Brahma[1] (sánscrito: ब्रह्मा) é o deus (deva) hindú da creación e un dos Trimurti, xunto con Vishnu e Shiva.
De acordo co Brahma Purana, é o pai de Mānu de quen descenden tódolos seres humanos. O Ramayana e o Mahābhārata, acostuman referirse a el coma o proxenitor ou o grande avó de tódolos seres humanos. Non debe confundirse co Espírito Cósmico Supremo da filosofía hindú Vedānta coñecido coma Brahman, que non ten xénero. A consorte de Brahmā é Sāvitri e Gāyatri. Saraswati, a deusa da aprendizaxe, séntase tras del. Brahmā adóitase identificar con Prajapati, unha deidade védica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trimurti.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brahma |