Boulton Paul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boulton Paul Aircraft Limited
Fundación1934
LocalizaciónWolverhampton
Industriaaeronáutica
editar datos en Wikidata ]

Boulton Paul Aircraft Limited foi un construtor aeronáutico británico fundado no ano 1934, aínda que as súas orixes na fabricación de avións remóntanse a 1914. A compañía principalmente fabricaba e modificaba avións baixo contratos doutros fabricantes, aínda que tivo uns poucos deseños propios destacables, como o caza Defiant fighter e o adestrador Balliol.

As orixes da compañía atópanse nunha ferretería fundada en 1797 en Norwich. A principios dos anos 1900 Boulton & Paul Ltd era unha exitosa compañía de fabricación en xeral cunha división de enxeñería. Comezou a fabricar aeronaves por contrato durante a primeira guerra mundial antes de comezar a deseñar e construír os seus propios avións.

O negocio de construción de aeronaves vendeuse en 1934, nun momento baixo do mercado da aviación, e posteriormente moveuse a Wolverhampton baixo o seu novo nome Boulton Paul Aircraft Ltd en 1936 para aproveitarse da man de obra local cualificada e dos incentivos do goberno local.

En 1961 Boulton Paul Aircraft fabricaba equipamento para avións en vez de aeronaves e fusionouse co Dowty Group.

Historia[editar | editar a fonte]

Boulton & Paul creou a súa división de enxeñería da construción no ano 1905.[1]

En 1915, Boulton & Paul comezou a construír aeronaves por contrato, incluídos 550 dos Royal Aircraft Factory FE.2b. Durante a guerra a compañía fabricou máis Sopwith Camel que calquera outra compañía. O éxito como construtor de aeronaves fixo que a compañía crease un departamento de deseño pero ningún dos seus avións tivo un impacto significativo mentres durou a guerra. O xefe de deseño de avións de Boulton Paul era John Dudley North (1893-1968), que se uniu á compañía dende o Austin Motor Company Aircraft Department.

Tras a primeira guerra mundial, Boulton & Paul deixou a súa pegada coa introdución de torretas defensivas para bombardeiros pechadas e motorizadas. O seu bombardeiro biplano bimotor Sidestrand, que podía voar a 225 km/h, tiña unha torreta exposta que era claramente pouco axeitada. O posterior bombardeiro Overstrand contaba coa primeira torreta pechada motorizada do mundo, montando un único canón Lewis e propulsada por aire comprimido. A compañía licenciou un deseño francés dunha torreta electrohidráulica de catro canóns que se converteu nunha importante característica na súa futura produción. Ademais de instalar torretas nos bombardeiros, Boulton Paul comezou a instalalas en cazas.

Boulton Paul Defiant

Durante este período Boulton & Paul continuou operando fóra da industria aonáutica. Fabricaba equipamento como ferramentas e motores estacionarios. Estes últimos tamén estaban dispoñibles acoplados a unha dínamo para alimentar circuítos eléctricos de iluminación, e vendíanse coa marca Electolite.

En 1934, Boulton & Paul vendeu o seu "Departamento de Avións" que se converteu en Boulton Paul Aircraft Ltd. Durante os segintes dous anos construíuse unha nova factoría en Wolverhampton.[2] Isto deu acceso a unha gran cantidade de man de obra cualificada ademais dos 600 empregados que se mudaron de Norwich a Wolverhampton. Aínda así, Boulton Paul establecería posteriormente un centro de capacitación no centro de Escocia para conseguir máis traballadores. O primeiro caza con torreta en ser contruído foi o Hawker Demon. A este seguiulle o avión máis famoso de Boulton Paul, o Defiant, que foi un concepto revolucionario pero con defectos na especificación do Ministerio do Aire (un caza rápido sen armamento fixo cara a adiante pero unha potente torreta dorsal con catro canóns). Agardábase que os cazas con torreta fosen capaces de atacar bombardeiros inimigos dende calquera punto. O mesmo concepto foi usado polo equivalente naval do Defiant, o Blackburn Roc, que aínda que era un deseño de Blackburn o deseño dos detalles e a fabricación foi realizada por Boulton Paul.

Boulton Paul tamén fabricou o Fairey Barracuda e realizou conversións do Vickers Wellington. O úniico deseño da posguerra foi o adestrador avanzado Balliol, do cal construíronse 229 unidades, incluídas 30 do adestrador naval Sea Balliol.

Na era dos reactores Boulton Paul traballou no English Electric Canberra e no de Havilland Vampire. Deseñou e fabricou un par de avións a reacción con á en delta para traballos de investigación en continuou enviando deseños para requirimentos oficiais. En 1961 a compañía foi mercada polo Dowty Group e pasou a chamarse Dowty Boulton Paul Ltd primeiro e Dowty Aerospace posteriormente.

Tras a adquisición de Dowty Aerospace polo TI Group en 1992, e a posterior fusión de Smiths Industries e o grupo TI en 2000 para formar Smiths Group, a fábrica de Wolverhampton vendeuse novamente en maio de 2007 a GE Aviation Systems. En agosto de 2009 vendeuse outra vez a Moog Inc. pero tivo que moverse ao próximo parque empresarial I54. A fabrica tamén tiña o Boulton Paul Museum dedicado a avións de Boulton Paul e aos métodos tradicionais usados para fabricar aeronaves. Agárdase que a importante colección trasládese ao Museo da Royal Air Force en Cosford.[3]

Aeronaves[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brew, Alec. Boulton Paul Aircraft, Tempus, 2001
  2. Brew, Alec (2015). The Boulton Paul Balliol : the last Merlin-powered aircraft. [Stroud]. ISBN 978-1-78155-361-9. OCLC 908967014. 
  3. "The Boulton Paul Association - Wolverhampton - Staffordshire - England - United Kindom". www.aviationmuseum.eu. Consultado o 2022-04-01.