Bosque de sequoias de Poio
| Tipo | xardín | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | monte Castrove | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Poio (San Xoán), España | |||
| ||||
| Composto por | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1992 | |||
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa.[1]
O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen.
Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Panel informativo do bosque de sequoias de Poio
- Placas conmemorativas no bosque de sequoias de Poio
- Bosque de sequoias de Poio (vista xeral dende a parte inferior do bosque)
- Bosque de sequoias de Poio (debaixo das árbores)
- Dúas sequoias no bosque de sequoias de Poio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Folleto informativo do bosque de sequoias de Poio." (PDF). Turismo de Poio. Consultado o 13/09/2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bosque de Colón - Turismo de Poio
- Ficha en Turismo Rías Baixas Arquivado 20 de xaneiro de 2025 en Wayback Machine.
- Ficha en galiciamaxica.eu
