Boeing KC-135 Stratotanker
| Boeing KC-135 Stratotanker | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Subclase de
| |||||||||
|
Uso
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
| Produción | |||||||||
|
Fabricante
| |||||||||
|
Total producido
| |||||||||
| Dimensión | |||||||||
| |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
O Boeing KC-135 Stratotanker é un avión militar de abastecemento en voo estadounidense fabricado por Boeing. O avión, ao igual que o Boeing 707, foi desenvolvido a partir do prototipo Boeing 367-80. O KC-135 foi o primeiro reabastecedor en voo da USAF impulsado por reactores e substituíu o KC-97 Stratotanker. O Stratotanker foi inicialmente destinado a recargar bombardeiros estratéxicos, pero foi usado amplamente na Guerra de Vietnam e en conflitos posteriores como a Guerra do Golfo para ampliar o alcance dos cazas e bombardeiros tácticos da USAF.
Leva servindo na Forza Aérea dos Estados Unidos dende 1957, e é un dos seis avións militares de á fixa con máis de 50 anos de servizo co seu operador orixinal. O KC-135 é complementado polo maior KC-10. A pesar de incrementarse os custos de mantemento, varios estudos chegaron á conclusión de que podería voar ata o ano 2040. O avión será substituído polo Boeing KC-46.
Operadores
[editar | editar a fonte]- Forza Aérea de Chile - opera 3 KC-135E.
- NASA - operouno ata 2004
- Forza Aérea dos Estados Unidos - en maio de 2017 operaba 398 KC-135 (156 en servizo activo, 70 no Comando de Reserva da Forza Aérea, e 172 na Garda Aérea Nacional).
- Forza Aérea de Francia - opera 11 C-135FR e 3 KC-135R que van ser substituídos por 15 Airbus A330 MRTT ata 2023.
- Forza Aérea de Turquía - opera 7 KC-135R.
Antigos operadores
[editar | editar a fonte]- Forza Aérea da República de Singapur - operou 4 KC-135R procedentes da USAF.