Saltar ao contido

Boeing B-29 Superfortress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing B-29 Superfortress
 Instancia de
 Subclase de
 Obra derivada
 Uso
Persoas e organizacións
 Deseñador/a
 Desenvolvedor
 Operador/a
Produción
 Fabricante
 Total producido
3970 Editar o valor en Wikidata
Características
 Velocidade de cruceiro
467 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Altura8,45 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude30,18 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura43,06 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional9.710 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
8 de maio de 1944 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
21 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
21 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0dyx3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Boeing B-29 Superfortress foi un bombardeiro pesado cuadrimotor estadounidense, usado na segunda guerra mundial e na Guerra de Corea. Nomeado en alusión ao seu predecesor, o B-17 Flying Fortress, o Superfortress foi deseñado como un bombardeiro estratéxico a gran altitude, pero tamén destacou nos bombardeos incendiarios nocturnos a baixa altitude, e no lanzamento de minas navais para bloquear Xapón.

Foi a principal arma de ataque utilizada contra o Xapón e continuou en servizo en varios roles durante os anos 50. A RAF británica tamén usou o B-29 e bautizouno co nome de Washington, e a Unión Soviética fabricou unha copia sen licenza coñecido como Tupolev Tu-4.

O B-29 foi o proxenitor dunha serie de bombardeiros, avións de recoñecemento, de adestramento e de abastecemento en voo construídos por Boeing, entre os que estaba o B-50 Superfortress, unha variante do B-29. Os posteriores modelos da compañía, impulsados por reactores (o B-47 Stratojet e o B-52 Stratofortress) continuaron a liñaxe.

O B-29 foi un dos avións máis grandes en servizo na segunda guerra mundial e era un bombardeiro moi avanzado nesa época, que incluía características como unha cabina presurizada, un sistema electrónico de control de fogo, e torretas de metralladoras manexadas por control remoto. Aínda que foi deseñado como bombardeiro diúrno de grande altitude, na práctica realmente realizou máis misións nocturnas a baixa cota con bombas incendiarias. Foi o principal avión na campaña de bombardeos estadounidense contra o Xapón nos últimos meses da guerra, e levaron as bombas atómicas que destruíron as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki. A diferenza doutros bombardeiros da guerra, o B-29 continuou en servizo moito tempo despois do seu final, e incluso un feixe deles foron empregados como transmisores voantes de televisión para a compañía Stratovision. O modelo foi finalmente retirado a principios dos anos 60, despois de ser construídos 3 970 exemplares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]