Saltar ao contido

Bloque de la Izquierda Asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bloque de la Izquierda Asturiana
Tipopartido político español
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
PaísEspaña
Na rede
http://www.bia-asturies.org/
editar datos en Wikidata ]

O Bloque de la Izquierda Asturiana (BIA) foi unha coalición nacionalista asturiana de esquerdas formada por Izquierda Asturiana (IAS), Izquierda Nacionaliega d'Asturies (INA) (escisión de Andecha Astur) e o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE). Presentouse ás Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999 nas que obtivo 1366 votos (0,22%); nas eleccións xerais do 2000 só obtivo 1085 votos. Despois, a coalición desfíxose. A partir de Izquierda Nacionaliega d’Asturies e independientes, en 2003 creouse o Bloque por Asturies, que se presentou ás eleccións autonómicas do 2003 en coalición con Izquierda Unida. Pola outra banda, no 2007 IAS, canda outras formacións, creou Unidá Nacionalista Asturiana. O PCPE volveu operar pola súa conta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]