Saltar ao contido

Blast First

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Blast First Records»)
Blast First
Tiposelo discográfico
Data de fundación1984
Fundador(es)Paul Smith
Organización matrizMute Records
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
http://www.blastfirstpetite.com/
editar datos en Wikidata ]

Blast First é un sub-selo da discográfica Mute Records, fundado a mediados dos anos 80. Reibiu o seu nome pola primeira edición da revista vorticista Blast, publicada polo artista Wyndham Lewis.

O selo foi creado por Paul Smith para editar no Reino Unido os álbums de Sonic Youth, unha banda coa cal traballaba. Especializouse en música máis extrema do espectro que a do seu selo nai, máis orientado cara ao pop.

O selo editou un amplo rango de música alternativa, dende The Butthole Surfers e Labradford, pasando por Suicide e Sonic Youth ata a colección Acid Brass de The William Fairey Band.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]