Blanca Díez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | botánica ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | B.Díez ![]() |
Blanca Díez Garretas, nada en Santiago de Compostela en 1950, é unha botánica e taxónoma galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou no Departamento de Botánica e Fisioloxía Vexetal da Universidade Complutense de Madrid. É profesora titular no Departamento de Bioloxía Vexetal da Facultade de Ciencias da Universidade de Málaga.[2] Forma parte do grupo de investigación «Fitosocioloxía, Cartografía e Dinámica Vexetal» da área de Recursos naturais e medio ambiente do Departamento de Botánica da Universidade de Granada.[3]
Dende o 12 de novembro de 1970 é académica de número da Academia Malagueña de Ciencias.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vascular plant communities of Spain and Portugal. Addenda to the Syntaxonomical checklist of 2001 Arquivado 14 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en www.globalbioclimatics.org
- ↑ Persoal na páxina web do Departamento de Bioloxía Vexetal da Facultade de Ciencias da Universidade de Málaga
- ↑ Páxina web Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine. da Universidade de Granada.
- ↑ Listado de académicos de número da Academia Malagueña de Ciencias.