Blame!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blame!
ブラム!
(Buramu!)
Manga Blame!
Creado por Tsutomu Nihei
Editor Afternoon
Publicado en Kodansha
Primeira edición 1998
Última edición 2003
Núm. de volumes 10
Anime Blame!
Dirixido por Shintaro Inokawa
Estudio Group TAC
Canle televisiva
Primeira emisión 24 de outubro de 2003
Última emisión
Núm. de capítulos 6 + 1 OVA
Filmes

Blame! (en xaponés: ブラム! Hepburn: Buramu!?) é unha serie manga xaponesa de acción e ciencia ficción[1] escrita e debuxada por Tsutomu Nihei. A historia transcorre nunha realidade distópica, futurista e escura na que o ser humano é desprazado por unha tecnoloxía hostil á vida natural. O universo de Blame!, relacionado co concepto da Esfera de Dyson, é pechado e puramente artificial e tecnolóxico; trátase dunha enguedellada estrutura de niveis e camiños labirínticos que os conectan. Só existen seres humanos e robots de diversas clases.

A primeira aparición do manga foi na revista Afternoon. Despois realizouse unha nova edición da serie, Blame! Master Edition. Un filme anime homónimo de Polygon Pictures foi estreado a través de Netflix en maio de 2017.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vertical Licenses Blame!, Dissolving Classroom, Immortal Hounds Manga". Anime News Network. 13 de febreiro de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]