Bisarma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dous exemplos de bisarmas do século XV.

A bisarma é unha arma de hasta de orixe medieval, que ten unha especie de fouce afiada dun lado ou de ambos e que acaba nunha punta para ferir, de modo similar a unha lanza ou un chuzo.

Foi de uso popular en Galiza, tanto como arma ofensiva en tempos de conflito bélico como arma defensiva contra asaltadores nos camiños ou animais salvaxes, en tempos de paz.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

A orixe parece ser a palabra xermana wisarme, directamente ou ben a través da adaptación francesa guisarme.

Mencións na literatura[editar | editar a fonte]

O seu uso xeneralizado noutros tempos, especialmente até o século XIX, deixou unha pegada importante en textos literarios e nas crónicas históricas[1][2][3][4]. É mencionada especialmente como unha das armas utilizadas na "francesada"[5], a guerra en que o pobo galego contendeu contra as tropas de Napoleón até a súa expulsión do reino.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]