Birgitta Haukdal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Birgitta
Nome completo Birgitta Haukdal Brynjasdóttir
Nacemento 28 de xullo de 1979 (38 anos)
Orixe Húsavík, Islandia Islandia
Ocupación(s) Cantante
Xénero Pop
Instrumento(s) Voz
Tempo en activo 1999 - Actualidade
editar datos en Wikidata ]

Birgitta Haukdal Brynjasdóttir, máis coñecida como Birgitta, é unha cantante islandesa. É coñecida internacionalmente por representar a Islandia no Festival de Eurovisión 2003 coa canción "Open your heart".

En 2003, Birgitta conseguiu a vitoria na preselección nacional do seu país para participar en Eurovisión coa canción "Segðu mér allt" ("Dimo todo").[1] No Festival de Eurovisión 2003 celebrado en Riga alcanzou a oitava posición coa versión en inglés do devandito tema, "Open your heart" ("Abre o teu corazón").[2]

A comezos de ano, participou no Söngvakeppni Sjónvarpsins de 2006 (a preselección nacional islandesa para participar en Eurovisión) coa canción "Mynd Af Þér" ("Unha imaxe de ti"). Non obstante, non puido conseguir o billete para representar a Islandia en Atenas.

Referencias[editar | editar a fonte]