Biocida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aplicación de molusquicidas.

Os biocidas poden ser substancias químicas sintéticas ou de orixe natural, ou microorganismos, destinados a destruír, contrarrestar, neutralizar, impedir a acción ou exercer un control doutro tipo sobre calquera organismo ou microorganismo considerado nocivo para o home.[1]

Mecanismos de acción[editar | editar a fonte]

As substancias biocidas polo xeral actúan a nivel da membrana celular dos organismos, penetrándoa e destruíndo os sistemas que lle permiten vivir. O biocida provoca a lise da parede proteica ou lipoproteica do organismo e penetra no seu interior interrompendo as reaccións bioquímicas que sustentan a vida no organismo.

Tipos de biocidas[editar | editar a fonte]

Pódense presentar de tres formas:

  • Físicos: fontes de radiación de alta enerxía (luz, radiación UV) que oxidan a parede proteica e practicamente queiman as células do microorganismo.
  • Biolóxicos: substancias creadas por organismos superiores para autodefensa; xeralmente son de tipo proteico (enzimas; por exemplo, a lisozima).
  • Químicos: poden ser, á súa vez, inorgánicos ou de síntese orgánica. Por exemplo: dióxido de cloro (ClO2), isotiazolinas, cloraminas, bromuros de alquilo, cloruros de alquilo ou arilo, etc.

Condicións dun bo biocida[editar | editar a fonte]

  • Debe ter un amplo espectro de actividade, é dicir, debe cubrir unha ampla gama de microorganismos (bacterias, virus e fungos).
  • Efectivo a baixa concentración: canto máis baixa sexa a dose, máis económico resulta o tratamento.
  • Efectivo nun amplo rango de pH.
  • Solúbeis en agua.
  • Compatíbel con outras especies químicas no medio.
  • Alta persistencia: debe ser efectivo a través do tempo.
  • Fácil de neutralizar: debe posuír mecanismos desactivadores para a súa posterior neutralización.
  • Baixa toxicidade humana: non debe ser prexudicial na súa manipulación segura por parte do operador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Sebastián Sánchez-Fortún; Gomariz, María Victoria Barahona (1 de xaneiro de 2002). Riesgo toxicológico medioambiental de compuestos activos utilizados para la desinfección de torres de refrigeración (en español). Editorial Complutense. ISBN 9788474916874. Consultado o 16 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]