Billings, Montana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Localización de Billings no condado de Yellowstone e en Montana

Billings é a principal cidade do estado norteamericano de Montana e é a capital do condado de Yellowstone. A súa superficie é de 106 km², a poboación de 100.148 habitantes (2006) e a súa densidade de 1029 h/km². Localizada no val do río Yellowstone, antes da chegada dos europeos o territorio do que hoxe é a cidade pertencía aos indios crow, Billings fundouse o ano 1877 e o seu crecemento comezou en 1882 ao establecerse unha liña de ferrocarril pola localidade.