Saltar ao contido

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Coruña Editar o valor en Wikidata

Tipobiblioteca central Editar o valor en Wikidata
EpónimoMiguel González Garcés Editar o valor en Wikidata
Parte deBiblioteca Pública del Estado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
MatrizMinisterio de Cultura de España Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1902 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°20′54″N 8°24′19″O / 43.348274, -8.40518
Situado enA Coruña Editar o valor en Wikidata
Código postal15008 Editar o valor en Wikidata
Enderezoc/ Miguel González Garcés, 1 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data25 de xuño de 1985
IdentificadorRI-BI-0000016
Fontes e ligazóns
Páxina WEBbibliotecas.xunta.gal… Editar o valor en Wikidata
Teléfono+34-981-80-24-72 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:bpc@xunta.gal Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: BiblioPubliCoru Twitter: BiblioPubliCoru Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés é unha institución bibliotecaria existente dende o ano 1995, localizada na rúa co mesmo nome no ensanche da cidade da Coruña. Leva o nome do escritor, poeta, docente e xornalista galego Miguel González Garcés. As súas instalacións divídense en tres plantas, ocupando unha superficie total de 6.216 m2, dos cales 5.869 m2 son útiles.

Fachada da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia.[1]

Sala de consulta.

Os datos mais antigos remóntanse ó ano 1895. Atopábase no IES Eusebio da Guarda, despois formou parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en outubro do 1956. Anos despois, en 1989, a Xunta de Galiza e o Ministerio de Cultura asinaron un convenio polo cal se transferiu a administración dos fondos á Xunta aínda que o Estado posúe a titularidade.

O 23 de setembro de 1994 modificouse o anterior convenio, no relacionado á localización da biblioteca e trasladouse ao edificio actual, inaugurado no ano 1995. Neste momento pasou a chamarse Biblioteca Nodal da Coruña Miguel González Garcés, na honra do docente en humanidades e poeta que foi director da institución ata os anos oitenta do século XX, despois de corenta anos de servizo ó centro.

Coleccións

[editar | editar a fonte]
Sala de préstamo.

A biblioteca alberga mais de 250.000 títulos, os mais antigos datan do século XVI, pois posúen fondos froito da Desamortización. Dáselle especial importancia ó Fondo de Depósito Legal, pois posúe as publicacións impresas na provincia da Coruña dende 1958 ata hoxe, a maiores desta gran colección, a biblioteca tamén alberga fondos persoais de personaxes relevantes na cultura galega, tales como Mariano Tudela, Isidro Conde, Francisco María da Igrexa ou o nomeado Miguel González Garcés entre outros. A sala infantil-xuvenil  conta cunha completa colección bibliográfica e multimedia axeitada para bebés e nenas e nenos de máis de tres anos ata mozas e mozos de noventa anos.

Servizos e actividades

[editar | editar a fonte]
Comicteca
Fonoteca e hemeroteca.
Sala infantil.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]