Beyond White Space

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beyond White Space
Ficha técnica
Título orixinalBeyond White Space
DirectorKen Locsmandi
ProdutorRyan Colucci
James Devoti
Mark B. Newbauer
GuiónRyan Colucci
Clay McLeod Chapman
IntérpretesHolt McCallany
MúsicaNima Fakhrara
Navid Hejazi
FotografíaTom Clancey
MontaxeYoshio Kohashi
Eric Potter
EstudioSpoke Lane Entertainment
Filmworks/FX
White Space Productions
DistribuidoraVertical Entertainment
Estrea14 de decembro de 2018
Duración93 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Hungría Hungría
XéneroCiencia ficción e suspense
Na rede
http://www.enterwhitespace.com/
IMDB: tt1977094 Filmaffinity: 747288 Rottentomatoes: m/beyond_white_space Editar o valor em Wikidata

Beyond White Space é un filme estadounidense-húngaro de 2018 dirixido por Ken Locsmandi e protagonizado por Holt McCallany. Conta a historia da tripulación dunha nave espacial comercial no bordo do espazo inexplorado que atopa unha valiosa e enorme criatura alieníxena.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O USS Essex está viaxando polos lugares máis afastados do Universo coñecido e de súpeto atópase cunha criatura xigantesca. Despois de que uns piratas rouben o seu cargueiro e de quedar sen a maioría das súas subministracións o capitán decide capturar a criatura. A criatura é unha rara e case extinta especie alieníxena e o capitán obsesiónase coa súa captura. A tripulación do barco amotínase e pouco despois a criatura xigantesca ataca o barco.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Estrea[editar | editar a fonte]

Vertical Entertainment adquiriu os dereitos de distribución de América do Norte en setembro de 2018.[1] O filme estreouse en cinemas escollidos e en VOD o 14 de decembro de 2018.[2][3][4]

Acollida[editar | editar a fonte]

The Hollywood Reporter deulle unha crítica negativa ao filme, calificándoo de "ciencia ficción atractiva mais parva".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hipes, Patrick (19 de setembro de 2018). "Sci-Fi Pic ‘Beyond White Space’ From VFX Veteran Ken Locsmandi Headed To Theaters Via Vertical". Deadline Hollywood. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  2. Weiss, Josh (9 de novembro de 2018). "BEYOND WHITE SPACE: HOLT MCCALLANY HUNTS A GIANT SPACE BEAST IN FIRST MOBY DICK-ESQUE TRAILER". SyFy Wire. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  3. Squires, John (9 de novembro de 2018). "[Trailer] Massive Alien Creature is Floating Around Space in Crazy Looking ‘Beyond White Space’". Bloody Disgusting. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  4. Hamman, Cody (3 de decembro de 2018). "HOLT MCCALLANY PURSUES A SPACE CREATURE IN TRAILER FOR BEYOND WHITE SPACE". JoBlo.com. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  5. "'Beyond White Space': Film Review". The Hollywood Reporter. 13 de decembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2020.