Saltar ao contido

BethAnn McLaughlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBethAnn McLaughlin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoBoston Editar o valor en Wikidata
EducaciónSkidmore College (en) Traducir
Universidade de Pensilvania - neurociencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora, neuróloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVanderbilt University Medical Center (en) Traducir (–2019)
Universidade Vanderbilt
Vanderbilt University School of Medicine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: McLNeuro Editar o valor en Wikidata

BethAnn McLaughlin, nada en Boston (EE. UU) en 1968, é unha neurocientífica e profesora axudante de Neuroloxía na Universidade de Vanderbilt até xullo de 2019. É unha destacada defensora da loita contra a agresión sexual e o acoso ás mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e as matemáticas (STEM). En 2018 creou o sitio web #MeTooSTEM para que as mulleres tiveran un lugar onde contar as súas historias.

O seu traballo foi recoñecido co Premio de Desobediencia en 2018 do MIT Media Lab, que compartiu con outras dúas destacadas activistas (Tarana Burke e Sherry Marts) do "Me Too ".[1][2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

McLaughlin obtivo unha licenciatura en biopsicoloxía no Skidmore College en 1990. Obtivo o seu doutoramento en ciencias neurolóxicas na Universidade de Pensilvania en 1997. Continuou a súa formación posdoutoral no Departamento de Neurobioloxía da Universidade de Pittsburgh.[5] Recibiu unha bolsa posdoutoral dos Institutos Nacionais de Saúde, outorgada a través do Premio do Servizo Nacional de Investigación do Instituto Nacional de Trastornos Neurolóxicos e Accidentes Cerebrovasculares.[6] En 2002 incorporouse á Universidade de Vanderbilt como membro do corpo docente.[7]

Investigación

[editar | editar a fonte]

McLaughlin dirixe o McLaughlin Laboratorio no Vanderbilt Centro Médico Universitario. O seu equipo de investigación estuda como o cerebro responde ao estrés para poder desenvolver solucións terapeúticas para danos agudos e crónicos.

McLaughlin colaborou con investigadores en física e química para estudar os organoides para a deteción de drogas, o colesterol no cerebro e os sensores sensibles para a sinalización metabólica.

Activismo

[editar | editar a fonte]

McLaughlin creou o sitio web MeTooSTEMArquivado 29 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. para compartir historias de discriminación ou acoso sexual nesta área.

En 2018 McLaughlin compartiu o Premio á Desobediencia do Laboratorio de Medios do MIT coa bióloga Sherry Marts e a fundadora do movemento #MeToo, Tarana Burke.[8] Tamén recibiu o Premio Especial de Recoñecemento da Sociedade de Neurociencia Louise Hanson Marshall polo seu traballo no avance da muller na neurociencia.[9]

McLaughlin está traballando en MeTooSTEM, organización sen ánimo de lucro que aconsellará a científicas que son vítimas de acoso sexual.[10]

  1. "Tarana Burke, BethAnn McLaughlin, and Sherry Marts win 2018 Media Lab Disobedience Award". MIT News. Consultado o 2018-12-01.
  2. WadmanFeb. 12, Meredith; 2019; Pm, 4:04 (2019-02-11). "This neuroscientist is fighting sexual harassment in science—but her own job is in peril". Science | AAAS. Consultado o 2019-02-26.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020.
  4. "Mujeres pioneras contra el acoso sexual en la ciencia". www.publico.es. Consultado o 2020-03-24.
  5. O’Donnell, Marie Anne; Infarinato, Nicole (2018-11-05). "BethAnn McLaughlin: Protecting neurons and women in science". J Cell Biol 217 (11): 3769–3771. ISSN 1540-8140. PMC 6219706. PMID 30352946. doi:10.1083/jcb.201810065.
  6. "BethAnn McLaughlin Biographical Sketch" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2015. Consultado o 1 Dec 2018.
  7. Snyder, Bill. "McLaughlin, Casagrande honored by the Society for Neuroscience". Vanderbilt University. Consultado o 2019-01-14.
  8. "Scientists share MIT ‘disobedience’ award for #MeToo advocacy".
  9. "McLaughlin, Casagrande honored by the Society for Neuroscience".
  10. "This #MeToo activist is focused on scientists".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]