Bernardo Bango Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernardo Bango Gómez
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor em Wikidata (153/154 anos)
Toxos Outos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Bernardo Bango Gómez, nado en Toxos Outos (Lousame) en 1870, foi un anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A finais do século XIX emigrou a Buenos Aires onde comezou unha vida de bohemia e actividades delituosas ata que tomou contacto coas ideas anarquistas e comezou unha nova etapa como militante social.[1] Foi expulsado da Arxentina pola súa militancia anarquista arribando a Coruña en marzo de 1902.[2] Foi procesado na Coruña por non descubrirse diante dunha procesión. De 1905 a 1910 residiu en México traballando como profesor. Colaborou desde México no periódico anarquista cubano ¡Tierra! en 1910.[3] En 1914 residía no Brasil, en contacto co movemento anarquista internacional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Criminalogía Moderna, xaneiro e febreiro de 1900.
  2. La Voz de Galicia, 1-4-1902, p. 1.
  3. ¡Tierra!, 30-7-1910, p. 3-4.[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]