Berkut (traxe espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O traxe espacial Berkut exposto no Museo Memorial da Astronáutica en Moscova.

Berkut foi o nome dun traxe espacial soviético deseñado para actividades extravehiculares. Tratábase dun traxe espacial Sokol como os usados nas naves Vostok, modificado. As subministracións para o cosmonauta xa non eran proporcionados a través dun cable umbilical se non a través dun sistema de control ambiental sinxelo de ciclo aberto. O osíxeno, usado tanto para respirar como para refrixeración, ía nunha mochila ao lombo. Unha válvula de alivio vertía ao espazo o calor, humidade, dióxido de carbono e osíxeno sen consumir producidos polo cosmonauta. A válvula tiña dúas posicións de presurización: a 0,27 ou 0,40 atmosferas.

O traxe foi usado unicamente durante a misión Voskhod 2 e vestido por Aleksei Leonov, que tras o primeiro paseo espacial da Historia tivo problemas ao regresar á nave pola rixidez do traxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2018). "Berkut" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]