Benzú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°54′58″N 5°22′23″O / 35.91611, -5.37306

A praia de Benzú

Benzú é unha localidade e pedanía da cidade autónoma de Ceuta. En plena costa atlántica e xunto á fronteira con Marrocos, Benzú sitúase na parte noroccidental da capital ceutí. Preto desta localidade encóntranse os núcleos de Beliones e Castillejos, xa na rexión marroquí de Tánxer-Tetuán.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Encóntrase lindando con Marrocos, pero a súa parte da fronteira é de acceso restrinxido e pouco transitada. É unha das partes máis belas de Ceuta, pola súa diversidade, xa que está bañada polas augas do estreito de Xibraltar por un lado, por montañas por outro lado e, cruzando a fronteira, o pequeno pobo marroquí coñecido en Ceuta como Beliones por outro. En Beliones pode verse a coñecida como 'a Muller Morta' (la Mujer Muerta), unha montaña en territorio marroquí que vista dende Benzú se asemella a unha muller tombada.

Actualmente, é coñecida a nivel internacional polos importantes descubrimentos arqueolóxicos[1] localizados na zona e as investigacións que a Universidade de Cádiz sobre estes está levando a cabo.[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Variación demográfica[3] de Benzú
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
1127 1187 1187 1123 1077 1085 1055 - 1134 1125 1170 - 1326

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]