Saltar ao contido

Benjamin Constant, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benjamin Constant, Brasil
 Xentilicio
    benjamin-constantense (pt-br) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
15.127 (1970) censo
24.645 (1980) censo
18.312 (1991) censo
23.219 (2000) censo
30.476 (2008) estimación
31.195 (2009) estimación
33.411 (2010) censo
34.193 (2011) estimación
34.950 (2012) estimación
37.564 (2013) estimación
38.533 (2014) estimación
39.484 (2015) estimación
40.417 (2016) estimación
41.329 (2017) estimación
42.020 (2018) estimación
42.984 (2019) estimación
43.935 (2020) estimación
44.873 (2021) estimación
37.648 (2022) censo
40.509 (2024) estimación
40.908 (2025) estimación Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
   0,574 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   8.793,417 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap332518 Editar o valor en Wikidata
VIAF144250175 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026w_zc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Benjamin Constant é un municipio brasileiro do estado do Amazonas. Segundo o Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística a súa poboación estimada no ano 2014 era de 38 533 habitantes.[1] O municipio forma parte da microrrexión do Alto Solimões.

Orixe e nome

[editar | editar a fonte]

A poboación orixinal da área son os ticunas e na cidade o Museo Magüta está dedicado á súa lingua e cultura. Os xesuítas estableceran un asentamento estable de ticunas, denominado Javari, contra o ano 1750 e alí os portugueses instalaron un destacamento militar e un rexistro fiscal e desprazaron en 1766 para un lugar próximo que ofrecía mellores condicións, chamado Tabatinga. Entre 1880 e 1890 fundáronse varias poboacións como Esperança e Remate de Males e en 1898 creouse o municipio de Benjamin Constant, recibindo o seu nome en homenaxe ao militar brasileiro Benjamin Constant Botelho de Magalhães, un dos iniciadores do movemento do 15 de novembro de 1889 que proclamou a República no Brasil. O municipoi incorpourse en 1901 ao de São Paulo de Olivença restaurándose en 1904 malia que de novo entre 1930 e 1931[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localización

[editar | editar a fonte]

Sitúase no suroeste amazonense, distante de Manaus 1118 km en liña recta e 1638 vía transporte fluvial, subindo o ríio Solimões e o río Javari.

O seu clima é tropical chuvioso e húmido. Segundo datos do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INMET), a menor temperatura rexistrada en Benjamin Constant foi de 9,9 °C, o 18 de xullo de 1975,[3] e a maior de 40 °C, o 1 de outubro de 2005.[4] A maior precipitación rexistrada en 24 horas foi de 168 milímetros, o 7 de xaneiro de 2007.[5] Nun mess, o maior volume de chuvia observado foi de 641,4 milímetros en xaneiro de 1967.[6]

  1. "Estimativas populacionais para os municípios brasileiros em 01.07.2014". Estimativa populacional 2014. Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE). 1 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2014.
  2. Roteiros do Brasil. Região Pólo Alto Solimões
  3. "Série Histórica - Dados Diários - Temperatura Mínima (°C) - Benjamin Constant". Instituto Nacional de Meteorologia. Consultado o 1 de xuño de 2014.[Ligazón morta]
  4. "Série Histórica - Dados Diários - Temperatura Máxima (°C) - Benjamin Constant". Instituto Nacional de Meteorologia. Consultado o 1 de xuño de 2014.[Ligazón morta]
  5. "Série Histórica - Dados Diários - Precipitação (mm) - Benjamin Constant". Instituto Nacional de Meteorologia. Consultado o 1 de xuño de 2014.[Ligazón morta]
  6. "Série Histórica - Dados Mensais - Precipitação Total (mm) - Benjamin Constant". Instituto Nacional de Meteorologia. Consultado o 1 de xuño de 2014.[Ligazón morta]