Benito Malvárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Muros, España |
Morte | 13 de novembro de 1966 (82/83 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Benito Antonio Malvárez León, nado en Muros en 1883 e finado en Buenos Aires o 13 de novembro de 1966, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado en Santiago de Compostela, foi correspondente da revista Galicia da Habana, colaborou en Gaceta de Galicia e Vida Gallega, fundou o periódico La Tribuna Literaria (que a principios de 1910 pasou a denominarse La Tribuna) e foi socio de La Tarde. Marchou a Buenos Aires en 1911,[1] onde fundou o periódico Brisas Galicianas,[2] e a finais dese mesmo ano instalouse no Chaco. En 1917 sendo director do periódico El Heraldo del Chaco de Resistencia, guiado por Visitación Zamudio, descubriu o campo de Las Piedritas. Inimigo do Gobernador do Territorio, Henrique I. Cáceres, foi arrestado varias veces e sufriu malos tratos. En 1920 trasladouse a Corrientes,[3] onde editou o periódico Heraldo del Norte. En 1927 fixéronlle unha homenaxe en Corrientes.[4] Retornou a Galicia en 1929.[5] Foi correspondente do diario La Prensa para Galicia e Asturias.[6] Volveu marchar a Buenos Aires. Regresou da Arxentina en 1962 e instalouse en Compostela.[7] Pero volveu marchar para Buenos Aires en xaneiro do ano seguinte.[8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Escola Primaria de Las Piedritas leva o seu nome.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Valvanera Iglesias, que dirixiu o periódico Lar Galicián.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Personajes del Chaco Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)