Bellona (deusa)

Bellona é unha deusa da mitoloxía romana, tipificación da guerra. Con orixe incerta foi identificada con a grega Enio. Era ás veces asociada, como esposa ou irmá, ao deus Marte
Templos e culto[editar | editar a fonte]
Posuía un importante templo en Aletrium. En Roma, o seu templo erguíase fóra da cidade, nas proximidades da Porta Collina. Nel o senado romano recibía os embaixadores estranxeiros.
Na veciñanza do templo, levantábase unha columniña, contra a cal o sacerdote de Xúpiter Feretrio, botaba a lanza en sinal de declaración de guerra: cerimonia que debía ser aprobada polos Feciales.
A súa festa celebrábase o 3 de xuño. Nese día, os seus sacerdotes, os bellonarii, percorrían as rúas de Roma, cheos de furia e con arma branca, coa cal se autolesinaban. Logo eran interrogados polo pobo e as súas respostas tidas como oráculos.
Iconografía[editar | editar a fonte]
Era representada como un auriga sobre o seu carro, en actitude belicosa, cun facho, unha espada ou unha lanza nas mans. Tal iconografía era semellante á tradicional das Furias.
Compañeira habitual de Bellona, era a Discordia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Aulo Gellio Noctes Atticae XII,23 seg.
- Agostiño de Hipona De Civitate Dei VI,10.
- Publio Ovidio Nasón Metamorfosi V,155.
- Plauto Anfitrione 42.
- Publio Papinio Estacio Tebaide V, 155 seg.
- Tito Livio Ab Urbe condita libri VII, 9.
- Gaio Valerio Flaco Argonautica II,228 III,60 VII,634.
- Publio Verxilio Marón, Enneida VIII, 700-703.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bellona |