Bell 214

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bell 214
Tipohelicóptero medio
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo1970
Introducido1972
Principais usuariosExército de Irán
Produción1970 - 1981

O Bell 214 é un helicóptero medio derivado da ubicua serie UH-1 Huey de Bell Helicopter. O Bell 214ST comparte o mesmo número de modelo pero é un derivado máis grande, bimotor e moi modificado.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento orixinal do Model 214 foi anuncioado por Bell en 1970 baixo o nome "Huey Plus". O primeiro prototipo estaba baseado nunha célula dun Bell 205 equipada cun motor Lycoming T53-L-702 de 1 900 shp.[1]

O primeiro prototipo de demostración Bell 214A chegou pouco despois e avaliouse en Irán durante exercicios de campo coas Forzas Armadas Imperiais iranianas. As probas foron consideradas un éxito e pedíronse 287 helicópteros 214A. A intención era que eses aparellos fosen fabricados por Bell nas súas instalacións de Dallas-Fort Worth, e que 50 214A máis e 350 Bell 214ST fosen construídos en Irán. Entregáronse 296 helicópteros da variante 214A e 39 da 214C antes de que a Revolución iraniana de 1979 acabase cos plans para a produción nese país.[2]

Semellante en tamaño e aparencia aos Bell 205 e Bell 212, o Bell 214 usa un único e máis potente motor Lycoming LTC4B-8 (2 930 shp; 2 185 kW) e un sistema rotor actualizado, dándolle unha gran capacidade de elevación e un bo rendemento a altas temperaturas e grandes altitudes.[3] Pódese identificar polo único e gran conduto de escape e as pas do rotor de corda ancha sen barras estabilizadoras.

Bell ofreceu o Bell 214B "BigLifter" para uso civil.[3] Este recibiu a súa certificación en 1976 e fabricouse ata o ano 1981. Impulsado por un turboeixo Lycoming T5508D de 2 930 shp (2 183 kW), ten o mesmo sistema de transmisión que o 214A. A transmisión ten unha potencia nominal de 2 050 shp (1 528 kW) para a engalaxe, cunha potencia máxima continua de 1 850 shp (1 379 kW). O BigLifter ten un avanzado cubo do rotor con rodamentos elastoméricos, un sistema de control de voo automático con aumento da estabilidade, e aviónica comercial.[4]

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Bell 214 Huey Plus - prototipo de 214, equpado cun turboeixo Lycoming T53-L-702 de 1 900 shp (1 415 kW).[3]
  • Bell 214A/C Isfahan - 299 Bell 214A para a Aviación do Exército Imperial Iraniano construídos a partir de 1972, e 39 Bell 214C cun elevador e outros equipos de busca e salvamento para a Forza Aérea Imperial Iraniana.[3]
  • Bell 214B BigLifter - variante civil do 214A.[3] 70 construídos.[5]
  • Bell 214B-1 - variante do Bell Model 214B limitada a 5 670 kg de peso máximo cunha carga interna debido a diferentes estándares de certificación.[4][6] A carga externa é a mesma que no 214B. As únicas diferenzas entre o 214B e o 214B-1 son a placa de datos e o manual de voo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taylor, John W.R., Jane's All The World's Aircraft 1974-75, Jane's Yearbooks, 1974
  2. Apostolo, Giorgio. The Illustrated Encyclopedia of Helicopters, p. 54. Bonanza Books, New York, 1984. ISBN 0-517-43935-2
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Frawley, Gerard. The International Directory of Military Aircraft, p. 34. Aerospace Publications Pty Ltd, 2002. ISBN 1-875671-55-2
  4. 4,0 4,1 "Bell 214". Jane's Helicopter Markets and Systems. Jane's, 2007
  5. Pelletier, Alain J. Bell Aircraft Since 1935. US Naval Institute Press, 1992. ISBN 1-55750-056-8.
  6. Donald, David, ed. "Bell Model 214". The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books, 1997. ISBN 0-7607-0592-5