Saltar ao contido

Bell 201

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bell 201
Tipohelicóptero experimental
FabricanteBell Aircraft
Primeiro voo20 de outubro de 1954
Unidades construídas1

O Bell 201 (designación militar XH-13F) foi un Model 47G modificado, o primeiro helicóptero de Bell en usar un motor de turbina.[1][2] O Bell 201 foi construído para probar compoñentes para o novo XH-40, o prototipo de Bell Helicopter do seu UH-1 Iroquois.[3]

O Bell 201 estaba impulsado por un motor turboeixo Continental CAE XT51-T-3 que producía 425 CV, un desenvolvemento fabricado baixo licenza do Turbomeca Artouste.[1] O 201 voou por vez primeira o 20 de outubro de 1954, rematando as súas probas de voo e sendo entregado ao Exército dos Estados Unidos en abril de 1955 para máis probas.[4]

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  • Tripulación: 1 ou 2
  • Capacidade: 1 pasaxeiro
  • Lonxitude: 9,63 m
  • Envergadura: 11,33 m
  • Altura: 2,82 m
  • Motor: 1 Continental XT51-T-3 turboeixo de 425 CV
  • Diámetro do rotor principal: 11,33 m
  • Área do rotor principal: 100,8 m2
  1. 1,0 1,1 Donald, David (1997). The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books. ISBN 0-7607-0592-5. 
  2. "Bell UH-1 'Huey'". US Centennial of Flight. Archived from the original on 27 de maio de 2010. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. Apostolo, Giorgio (1984). The Illustrated Encyclopedia of Helicopters. Bonanza Books. ISBN 978-0-517-43935-7. 
  4. Spenser, Jay P (1998). Whirlybirds, A History of the U.S. Helicopter Pioneers. University of Washington Press. ISBN 0-295-98058-3.