BellónMaceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BellónMaceiras
OrixeFene, Galicia Galicia
Período2005−presente
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosDaniel Bellón
Diego Maceiras
Artistas relacionadosBellónMaceiras Quinteto
Na rede
https://www.bellonmaceiras.com
Facebook: bellonmaceiras Twitter: bellonmaceiras Instagram: bellonmaceiras Youtube: UC0mjg4GDIoZJvBg_iC-Od9w iTunes: 377976222 Discogs: 6763465 Editar o valor em Wikidata

BellónMaceiras é un dúo musical de Fene, fundado en 2005 e composto por Dani Bellón (gaita) e Diego Maceiras (acordeón).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xurdiu na primavera de 2005 cando Daniel Bellón e Diego Maceiras decidiron unir a gaita e o acordeón, un dúo de instrumentos pouco explorado até aquel momento.[2] O dúo gañou o VII Certame Folk de Radio Obradoiro que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela e, xunto a Álex Blanco, foron os vencedores no Proxecto Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2006, o que lles deu a posibilidade de actuar no escenario principal o ano seguinte.[3] Foron un dos grupos da delegación galega no Festival Intercéltico de Lorient de 2006. En decembro dese ano publicaron o seu primeiro disco co título Unión das Terras. Componse de pezas propias mesturadas cunha visión moi persoal de temas de diversas culturas adaptadas á gaita e ao acordeón. Realizaron numerosas actuacións como presentación do disco, tanto en Galicia como en España (Madrid, Barcelona, Málaga) e Europa (Andorra, Suíza), e incluso en Nova York.[4]

En 2007 incorporaron tres novos membros, Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero, para formar BellónMaceiras Quinteto, grupo co que publicaron en 2010 o disco FolkFusión.[5] No ano 2016 publicouse o segundo álbum do dúo BellónMaceiras, titulado Ten. Constou de 10 temas e contou con varias colaboracións, entre elas as da organista rusa María Moiséeva ou o violinista galés Oliver Wilson-Dickson.[6][7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BellónMaceiras en MySpace Música.
  2. "Bellón Maceiras Quinteto estarán no Festival de Ortigueira". 2 de xuño de 2014. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  3. "El trío de Daniel Bellón gana el certamen Runas de Ortigueira". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 2006. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  4. "Formacións de Daniel Bellón". Consultado o 27 de abril de 2020. 
  5. "O Bellón Maceiras Quinteto presenta o seu primeiro disco, "Folk Fusión"". 5 de abril de 2010. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  6. "Diez canciones para celebrar una década de folk fusión". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de decembro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  7. ""Ten é un remexido de 10 anos de vivencias”". 24 de maio de 2016. Consultado o 28 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]