Belier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Belier é o nome dunha familia de foguetes sonda franceses de propelente sólido fabricados por Sud Aviation para o CNET.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O nome de Belier comprende toda unha familia de foguetes sonda estabilizados por xiro mediante foguetes nas aletas que comparten unha primeira etapa Belier propulsada por un motor foguete Jericho desenvolvido inicialmente para o programa de mísiles terra-aire francés. O foguete converteuse na base da foguetería da India e Paquistán trala adquisición de licenzas de fabricación por parte deses países.[1]

O primeiro Belier foi lanzado o 24 de maio de 1961. Os voos finalizaron o 7 de marzo de 1986, tras 318 lanzamentos das diferentes versións.[1]

Variantes[editar | editar a fonte]

Belier I[editar | editar a fonte]

O primeiro membro da familia de foguetes Belier, cunha soa etapa, un motor foguete Jericho e 208 kg de propelente Epictete.[2]

Especificacións[2][editar | editar a fonte]

  • Carga útil: 30 kg a 80 km de altura
  • Masa cheo: 313 kg
  • Altura: 4,01 m
  • Diámetro: 0,31 m
  • Envergadura: 0,78 m
  • Pulo: 20,0 kN
  • Apoxeo: 80 km
  • Primeiro lanzamento: 24 de maio de 1961
  • Último lanzamento: 6 de novembro de 1970
  • Número de lanzamentos: 18

Belier II[editar | editar a fonte]

É unha versión merollada do Belier I, tramén dunha soa etapa, e cargado con Plastolite como propelente en lugar de Epictete.[3]

Especificacións[3][editar | editar a fonte]

  • Carga útil: 30 kg a 130 km de altura
  • Masa cheo: 352 kg
  • Altura: 5,90 m
  • Diámetro: 0,31 m
  • Envergadura: 0,78 m
  • Pulo: 21,50 kN
  • Apoxeo: 130 km

Belier III[editar | editar a fonte]

Unha terceira versión á súa vez mellorada dos Belier I e II, dunha soa etapa, cun motor foguete Vega e 230,5 kg de propelente Isolane.[4]

Especificacións[4][editar | editar a fonte]

  • Masa cheo: 400 kg
  • Altura: 3,80 m
  • Diámetro: 0,31 m
  • Apoxeo: 109 km
  • Primeiro lanzamento: 18 de marzo de 1968
  • Último lanzamento: 25 de setembro de 1969
  • Número de lanzamentos: 4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Belier" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 Mark Wade (2011). "Belier I" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Mark Wade (2011). "Belier II" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Mark Wade (2011). "Belier III" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012.