Behigorri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A betizu é unha raza bovina do País Vasco.

Behigorri ou Zezengorri é un ser da mitoloxía vasca que vive dentro das covas. Toma a forma de vaca, boi ou tenreiro e é o encargado de coidar das casas da deusa Mari. O boi e maila vaca vermellos aparecen unidos con Mari e algunhas veces é Mari quen se transforma no animal. En varias historias, dise que leva a súa gorida ós que tratan de achegarse para levalo a casa.

A súa cría, Aatxe que significa tenreiro en éuscaro tamén é chamado Behigorri, Aatxegorri ou Aatexegorrila[1].

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Behigorri significa «vaca vermella» en éuscaro (das verbas Behi: vaca e gorri: vermello).

Notas[editar | editar a fonte]